Renovación do carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios
Xoves, 12 de Maio de 2016
Como renovar o carné de Manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios?
INFORMAMOS aos socios/clientes que para a renovación do carné de Manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios NON é necesario facer ningún curso:
- Se teñen o carné caducado, ou a piques de caducar, deberán cubrir unha solicitude, pagar unhas taxas (4,43 €) e achegar unha copia do D.N.I.
Os impresos (a solicitude e o documento para o pago das taxas) poden recollerse nas oficinas da Cooperativa (Sección de Crédito).