Blanqueo de capitais
Declaración xeral sobre o cumprimento dos requisitos de prevención do blanqueo de capitais e da financiación do terrorismo
A COOPERATIVA DE MEIRAS SCG, ao obxeto de impedir o uso involuntario da entidade e a súa Sección de Crédito, para encubrir a orixe ilegal de fondos, así como para cumprir as obligacións legais na medida necesaria, conta con políticas específicas establecidas en cuestións de prevención do blanqueo de capitais e a financiación de actividades criminais e terroristas.
COOPERATIVA DE MEIRAS SCG ten a súa sede central en LUGAR DE MEIRAS-CANTODOMURO 77, 15550.-VALDOVIÑO (A CORUÑA) (España), e atópase baixo a supervisión do SEPBLAC en materia de AML/CFT e está suxeita á Ley 10/2010, de 28/04/2010, de Prevención de Blanqueo de Capitais e da Financiación do Terrorismo, así como a outras normas autonómicas de regulación de Cooperativas e específicamente da actividade da súa Sección de Crédito, e ás correspondentes directivas da Unión Europea.
Dende 1990, España é un país membro do Grupo de Acción Financieira Internacional (GAFI-FATF), colabora co Grupo Egmont de Unidades de Intelixencia Financieira, é membro da Unión Europea (UE) e promulgou leis e normas deseñadas para poñer en práctica as políticas de prevención de blanqueo de capitais tanto do GAFI como da UE. O obxetivo destas leis é detectar e previr o blanqueo de capitais e unha potencial financiación terrorista.
O Órgano de Control Interno de prevención de blanqueo de capitais (OCI) de COOPERATIVA DE MEIRAS SCG leva a cabo un programa deseñado para cumprir as leis españolas contra o blanqueo de capitais como estándar de mínimos para a entidade, así como a totalidade das directrices, reglamentos e leis relacionadas coa prevención de blanqueo de capitais, a financiación terrorista e delitos financieiros afíns.
Esto comprende políticas e procedementos por escrito, un sistema de control, a designación dun responsable de prevención contra o blanqueo de capitais, dispón dunha política de aceptación de clientes que inclúe actividades ou operacións que a entidade non desexa levar a cabo, un programa de identificación de clientes, un programa de formación do seu persoal e unha revisión independente realizada por un experto externo periódicamente, para examinar a posta en práctica do programa e a súa eficacia operativa. De igual modo, conta coa existencia dun órgano de control interno e comunicación (OCIC) encargado da definición e o desarrollo das políticas de prevención de blanqueo de capitais, e traballa en colaboración co Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Blanqueo de Capitais e Infraccións Monetarias, de conformidade co estipulado pola Lei.
De acordo coas recomendacións do GAFI, os principios de Wolfsberg e a Directiva Europea III (2005/60/CE), a Cooperativa estableceu medidas de dilixencia debida basadas no risco e medidas de dilixencia reforzada respeto aos bancos cos que opera mediante Convenio, a existencia de persoas expostas políticamente (PEP) e a implementación das listas gubernamentais de países con risco, persoas ou organizacións terroristas, presuntas ou coñecidas. O OCIC definiu as políticas e procedementos para controlar estas áreas específicas.
Para máis información, invitámolo a visitar o noso sitio web, onde atopará información sobre AML/CFT, o cuestionario KYC empregado e información adicional da Cooperativa e da súa sección de Crédito e as súas actividades.
https://www.cooperativademeiras.com/gl