Sistema interno de información

CANLE DE DENUNCIAS

SISTEMA DE INFORMACIÓN INTERNO

¿Qué é a Canle de Denuncias?

En Cooperativa de Meirás contamos con un Canal de denuncias, que permite comunicar calquera incidencia ou irregularidade de potencial trascendencia que puidera resultar contraria ó establecido no noso Código Ético e de Conducta.

COOPERATIVA DE MEIRÁS SCG ten a súa sede central en LUGAR DE MEIRÁS-CANTODOMURO 77, 15550. VALDOVIÑO (A CORUÑA) (España), e atópase baixo a supervisión do SEPBLAC en materia de AML/CFT e está suxeita á Lei 10/2010, de 28/04/2010, de Prevención do Blanqueo de Capitais e da Financiación do Terrorismo, así como a outras normas autonómicas de regulación de Cooperativas e específicamente da actividade da súa Sección de Crédito, e ás correspondentes directivas da Unión Europea.

Gracias a esta canle de denuncias e coa túa colaboración responsable, podemos detectar se se están producindo conductas que contraveñan os nosos principios.

O obxetivo desta canle é detectar condutas contrarias ó dereito, ós principios ou ás reglas éticas e de bo goberno da Compañía, polo que animamos a empregados, clientes, proveedores ou calquera persoa que teña contacto cos nosos servizos a comunicarnos ditas incidencias.

A Canle de denuncias adecúase ó previsto na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

Bo uso da canle

É importante que recordes que a Canle de denuncias xestiona únicamente comunicacións relacionadas con conductas que contraveñan o Código Ético e de Conducta de Cooperativa de Meirás. Patra outras cuestións ou consultas, por favor diríxete ás canles habilitadas de atención ó cliente ou ó empregado.

Para evitar malas prácticas no uso da canle, aplicaranse criterios precisos para admitir as comunicacións e coa exixencia de responsabilidade civil, penal e administrativa das persoas que comuniquen feitos con abuso de dereito ou vulnerando o principio de boa fe. Na nosa Web pincha en:

Como realizar unha denuncia

Para interpoñer unha denuncia basta con comunicala no formulario de contacto da páxina Web. Os datos do denunciante serán protexidos.

Poden denunciarse feitos de conductas da Cooperativa que contraveñan o seu Código ético e de Conducta e supoñan incumplimentos da normativa interna ou contrarias a dereito según a lexislación vixente. Para máis detalle, ver o Código Ético e de Conducta.