Ofertas de emprego: Carniceiro/a
Mércores, 29 de Xuño de 2022
Publícanse ofertas de emprego para as nosas carnicerías.
A Cooperativa de Meirás precisa de traballadores/as para as súas Carnicerías/Chacinerías.
Valorarase:
- Ser socio/a e/ou cliente da Cooperativa de Meirás.
- Ter experiencia de carniceiro/a
- Coñecementos en carnicería
Ofrécese:
- Retribución en base ao convenio do sector da alimentación.
Presentación C.V
- As persoas interesadas deberán enviar o seu C.V., con fotografia recente a: meiras@cooperativademeiras.com ou entregalo nas Oficinas da Cooperativa.
- Tamén deberán enviar ou entregar asinada a ficha de tratamento de datos que poden descargar no seguinte enlace: autorización
Prazo presentación C.V.
- Ata o día 8 de xullo de 2022.