Oferta de emprego para vacante en Administración
Venres, 1 de Marzo de 2024
A Cooperativa de Meirás selecciona unha persoa Licenciada para traballar no departamento de Administración.
Requírese:
- Persoa profesional, nova e dinámica, con don de xentes, capacidade de xestión e de liderar equipos.
Imprescindible:
- Licenciado/a en Económicas, Administración e Dirección de empresas ou Dereito.
- Coñecementos de informática a nivel de usuario.
Estes requisitos deberán posuírse polos aspirantes a data desta convocatoria.
Valórase:
- Ser socio/a da Cooperativa ou ter relación con socio/a en 1º grado de consanguinidade ou afinidade. (Indicar socio/a e parentesco).
Ofrécese:
- Estabilidade laboral.
- Formación específica a cargo da Cooperativa.
- Retribución adecuada ao posto.
Os candidatos e candidatas interesados/as deberán enviar o seu CV, cunha fotografía recente, EXCLUSIVAMENTE a: alejandra@auditoresasociados.com.