A Cooperativa de Meirás publica o seu novo portal web
A web da Cooperativa de Meirás facilita o acceso de todos os cooperativistas e usuarios interesados a través dun portal web adaptado aos novos dispositivos tecnolóxicos como son os PC, tablet's ou smartphone.
Así mesmo desde o portal web da Cooperativa de Meirás o usuario atopará un acceso directo para consultar a súa banca electrónica.
A Cooperativa de Meirás ven de reformular o seu portal web corporativo co obxectivo de actualizalo tecnolóxicamente incorporando unha serie de melloras que faciliten unha navegación máis áxil, eficaz e amigable de cara os cooperativistas e a aqueles usuarios interesados en coñecer a nosa Cooperativa, os nosos productos e servizos e a nosa forma de funcionar e historia.
O novo portal web permite consultar a información desde calquera navegador, así como desde calquera dispositivo tecnolóxico como son os PC, as tabletas ou os teléfonos intelixentes.
Así mesmo a través do portal da Cooperativa de Meirás poderemos acceder de forma directa ao sistema de Banca electrónica da mesmo ou a outros servizos e información avanzada.