A Cooperativa de Meirás protagonista do "Mellor Xuntos" da TVG
Martes, 7 de Marzo de 2017
A Cooperativa de Meirás, xunto coa de Vilaboa e Lago, protagonizaron o programa da Televisión de Galicia "Mellor Xuntos", emitido o pasado 22 de febreiro.
“Mellor xuntos” é un programa da TVG dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas. Todas estas cooperativas comparten o mesmo espírito de igualdade, de traballo e de esforzo.
As persoas que as integran explican que, independentemente da actividade empresarial á que se dedique unha cooperativa, sempre se baseará na filosofía de que xuntos e xuntas se traballa mellor.
Fai clic na imaxe para acceder á páxina do programa na web da TVG e ver o programa completo.