Charla informativa: "A Factura da luz"

Mércores, 31 de Xaneiro de 2018

A Cooperativa de Meirás organiza, o vindeiro mércores 7 de febreiro ás 16,30 horas unha charla informativa sobre a factura da luz e o Bono Social.

Factura da Luz

A Cooperativa de Meirás organiza, o vindeiro mércores 7 de febreiro unha charla sobre a Factura da luz, na que se explicará como entender a factura, as opcións de aforro enerxético que existen, así como o funcionamento e os requisitos de acceso ao Bono Social.

 

Data/hora:

  • Mércores 7 de febreiro. 16:30 horas.

Lugar:

  • Cooperativa de Meirás (Valdoviño).

Salón de actos do Edificio da sección de Crédito.

Imparte: 

  • Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña