Asemblea Xeral de Socios o 17 de Xuño

Venres, 1 de Xuño de 2018

O Consello Reitor da Cooperativa convoca aos socios da Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios Sociedade Cooperativa Galega á Asemblea Xeral de Socios, que vai ter lugar o domingo día 17 de Xuño de 2018 no domicilio social da entidade, sito en Valdoviño, Meirás-Cantodomuro s/n, e que se celebrará ás 10,30 horas en primeira convocatoria e ás 11,00 horas en segunda.

credito.JPG

O Consello Reitor da Cooperativa, en virtude do establecido nos estatutos sociais e na vixente Lei de Cooperativas, convoca aos socios da “COOPERATIVA DE MEIRÁS DE CONSUMIDORES E USUARIOS, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA” á Asemblea Xeral que vai ter lugar o día  17 de Xuño de 2018 no domicilio social da entidade, sito en Valdoviño, Meirás-Cantodomuro s/n, a cal terá a orde do día que de seguido se sinala:

 

Data/Hora:

  • Domingo 17 de xuño ás 10,30 horas en primeira convocatoria, e ás 11,00 horas en segunda.

Lugar:

  • Cooperativa de Meirás (Valdoviño).

Salón de actos do Edificio da Sección de Crédito (Meirás - Cantodomuro s/n)

Orde do día: 

  1. Informe do Consello Reitor, correspondente ao exercicio 2017
  2. Exame e aprobación, si procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias, e   memoria), do exercicio pechado a 31 de decembro de 2017, e  da aplicación dos excedentes do exercicio.
  3. Fixación da política e obxectivos do presente exercicio.
  4. Cesión finca Pedregas-Lago.
  5. Rogos e preguntas
  6. Designación de tres persoas socias para a aprobación da acta da Asemblea.

 

Infórmase aos socios que toda a documentación referente aos acordos a adoptar nesta asemblea,  atópase a dispor das persoas socias para o seu exame,  no domicilio da cooperativa ,   o dereito de asistencia,  poderán exercitalo conforme aos estatutos sociais e a lexislación vixente; e a obriga dos socios de presentar o D.N.I. para asistir á Asemblea.

 

O Presidente

Andrés García Hermida