Actualización Currículums Bolsa de Emprego

Luns, 27 de Agosto de 2018

Ponse en coñecemento das persoas que nos queiran remitir o seu Currículum, ou actualizalo, deben axuntar ao mesmo a autorización de tratamento de datos de carácter persoal.

 

cv.jpg

Desde a Cooperativa de Meirás indicamos, que a partir da data, quenes nos remitan o seu Currículum, deben asinar tamén a autorización de tratamento de datos de carácter persoal.

Así mesmo, as persoas que xa no seu día nos enviaron ou entregaron o mesmo,e queiran seguir formando parte da base de datos da Cooperativa, deben enviarnos de novo o currículum actualizado, e a maiores cubrir a autorización de tratamento de datos.

A entrega de Currículums poderase realizar presencialmente, nas Oficinas da Cooperativa, ou remitilo por correo eléctrónico a este enderezo: meiras@cooperativademeiras.com

Para descargar a autorización de tratamento de datos deben facer click no seguinte enlace: autorización.