Publícanse ofertas de emprego para as nosas Agrotendas e carnicerías/chacinerías.

A Cooperativa de Meirás precisa de traballadores/as para as súas Agrotendas e Carnicerías/Chacinerías.
Valorarase:
- Ser socio/a e/ou cliente da Cooperativa de Meirás.
- Ter experiencia no sector.
- Coñecementos en temática de agrotenda ou carnicerías/chacinerías.
Ofrécese:
- Retribución en base ao convenio do sector da alimentación.
Presentación C.V
- As persoas interesadas deberán enviar o seu C.V., con fotografia recente a: meiras@cooperativademeiras.com [1] ou entregalo nas Oficinas da Cooperativa.
- Tamén deberán enviar ou entregar asinada a ficha de tratamento de datos que poden descargar no seguinte enlace: autorización [2]
Prazo presentación C.V.
- Ata o día 9 de abril de 2021.