Órganos sociais
O piar da Cooperativa de Meiras son os socios, que se organizan do seguinte xeito:
Así mesmo a Cooperativa tamén conta con colaboradores externos: Auditores, Letrado Asesor e Asesor Fiscal.
Os socios
Na actualidade a cooperativa conta con 8.314 socios.
Poden ser persoas socias desta cooperativa as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, e as entidades e organizacións de consumidores que teñan o carácter de destinatarios finais. Os menores non emancipados nin habilitados de idade, os maiores incapacitados e as persoas xurídicas exercerán os seus dereitos de socio a través dos representantes legais.
A persoa interesada en facerse socia formulará, por escrito unha solicitude de admisión, dirixida ao Consello Reitor da Cooperativa. A achega obrigatoria mínima para ser socio, está fixada na actualidade en doce euros (12), como se recolle nos estatutos sociais e nos acordos da Asemblea Xeral de Socios.
Os socios da Cooperativa, por medio dunha tarxeta que os acredita como tales, obteñen distintas vantaxes nos supermercados/agrotendas da Cooperativa (descontos, promocións etc) que, en cada momento, se van fixando.
Con esta tarxeta tamén accede aos descontos (acumulación de puntos) que a gasolineira “San Mateo, estación de servicio” (consulta a información actual sobre as tarifas e descontos), ten acordado para os socios desta Cooperativa.
Asemblea Xeral
É o órgano supremo da Cooperativa, é a reunión das persoas socias, á que lle corresponde, entre outros, a aprobación do plan empresarial da Cooperativa o nomeamento e a revogación do Consello Reitor, dos Auditores de Contas e o exame da xestión social e das contas anuais.
Reúnese en sesión ordinaria, obrigatoriamente unha vez ao ano; e en sesión extraordinaria cantas veces sexa convocada conforme aos estatutos.
Consello Reitor
É o órgano de goberno, xestión e representación da Cooperativa, é elixido pola Asemblea Xeral entre os seus socios, en votación secreta, polo maior número de votos. A duración do mandato é de catro anos. O número de membros que o constitúen é de oito. O actual consello reitor da Cooperativa está constituído por:
-
Presidente: Andrés Garcia Hermida.
-
Vicepresidente: Miguel Rodriguez Rodriguez.
-
Secretario: Manuel Santalla Vivero.
-
Tesoureiro: Jose Antonio Castro Aneiros.
-
Vogal Nº1: Jesus Manuel Pena Fernandez.
-
Vogal Nº2: Juan Diego Pìñeiro Blanco.