Ofertas de emprego: Agrotendas e Carnicerías/Chacinerías

Martes, 23 de Marzo de 2021

Publícanse ofertas de emprego para as nosas Agrotendas e carnicerías/chacinerías.

EMPREGO.jpg

A Cooperativa de Meirás precisa de traballadores/as para as súas Agrotendas e Carnicerías/Chacinerías.

Valorarase:

  • Ser socio/a e/ou cliente da Cooperativa de Meirás.
  • Ter experiencia no sector.
  • Coñecementos en temática de agrotenda ou carnicerías/chacinerías.

Ofrécese:

  • Retribución en base ao convenio do sector da alimentación.

Presentación C.V

  • As persoas interesadas deberán enviar o seu C.V., con fotografia recente a: meiras@cooperativademeiras.com ou entregalo nas Oficinas da Cooperativa.
  • Tamén deberán enviar ou entregar asinada a ficha de tratamento de datos que poden descargar no seguinte enlace: autorización

Prazo presentación C.V.

  • Ata o día 9 de abril de 2021.