NOTA INFORMATIVA aos Socios
Xoves, 2 de Maio de 2019
A Dirección da Cooperativa informa aos seus Socios sobre o peche de COPAGRO.
A dirección da Cooperativa de Meirás, informa aos socios da mesma que a Cooperativa “COPAGRO”, fabrica de pensos, participada por tres cooperativas, a partes iguais (Meirás, Lago e Vilaboa), PECHOU A SÚA ACTIVIDADE, despois de intentalo todo, novo xerente, novo contable, novo asesor fiscal, novo auditor e reformas, incluídas aportacións económicas e polas seguintes razóns:
- Perdas no exercicio 2017, de 213.000€; no exercicio 2018, de 200.000€ e no exercicio 2019, perdas mensuais de 20.000€.
- Descenso no volume de ventas (perda de clientes).
- Menor marxe comercial, que non permite cubrir gastos.
- Que de conformidade coa normativa legal vixente, as cooperativas de base (Meirás, Lago e Vilaboa), non forman con COPAGRO grupo económico, nin laboral, polo cal non responden de débeda algunha que poidera ter que afrontar COPAGRO.
A DIRECCIÓN DA COOPERATIVA