Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de Socios
O Consello Reitor da Cooperativa en virtude do establecido nos estatutos sociais e na vixente Lei de Cooperativas, convoca aos socios da "Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios, Sociedade Cooperativa Galega" á Asemblea Xeral que vai ter lugar o día 12 de xuño de 2016 no domicilio social da entidade, sito en Valdoviño, Meirás - Cantodomuro s/n.
O Consello Reitor da Cooperativa en virtude do establecido nos estatutos sociais e na vixente Lei de Cooperativas, convoca aos socios e socias da "Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios, Sociedade Cooperativa Galega" á Asemblea Xeral que vai ter lugar o día 12 de xuño de 2016 no domicilio social da entidade, sito en Valdoviño, Meirás - Cantodomuro s/n, a cal terá a orde do día que de seguido se sinala:
Asemblea Xeral Ordinaria
- Hora: Ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda.
Orde do día
- Informe do Consello Reitor, correspondente ao exercicio 2015.
- Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias, memoria), do exercicio pechado a 31 de decembro de 2015, e da aplicación dos excedentes do exercicio.
- Fixación da política e obxectivos do presente exercicio.
- Análise da sección de maquinaria.
- Rogos e preguntas.
- Designación de tres persoas socias para a aprobación e sinatura da acta da Asemblea.
Infórmase aos socios/as de que toda a documentaciópn referente aos acordos a adoptar nesta asemblea, atópase a dispor das persoas socias para o seu exame, no domicilio da Cooperativa, o dereito de asistencia, poderán exercitalo conforme aos estatutos sociais e a lexislación vixente; e a obriga dos socios/as de presentar o D.N.I. para asistir á Asemblea.