Recarga o teu coche en San Mateo

Mércores, 7 de Setembro de 2022

A Cooperativa de Meirás dispón dun punto de recarga eléctrica rápida de vehículos en San Mateo grazas ao acordo coa empresa WENEA.

1662546559192.jpg

A Cooperativa de Meirás, na busca de ofrecer novas solucións a socios e clientes, e a través dun acordo de colaboración coa empresa enerxética WENEA, instalou en San Mateo un punto de recarga rápida de vehículos eléctricos e híbridos.

Dispoñemos de 2 prazas con recarga ultrarrápida (Ata 200 KWh).

 

Para realizar a recarga do teu vehículo tes que seguir estos pasos:

  • Descarga a App de Wenea, en Google Play o App Store
  • Podes reservar a hora á que queiras realizar a carga
  • Paga directamente desde a App